Primeiro Ministro de Bahrain

Primeiro Ministro do Reino de Bahrain

TratamentoPríncipe
Designado porRei de Bahrain
Creación19 de xaneiro de 1970
Primeiro titularKhalifa bin Salman Al Khalifa

En Bahrain, o Primeiro Ministro é o xefe de goberno do país. Segundo a Constitución de Bahrain, o Primeiro Ministro é nomeado directamente polo Rei, e non necesita ser un membro electo do Consello de Representantes (a cámara baixa do Parlamento de Bahrain).

Bahrain só tivo dous Primeiros Ministros dende a independencia do país, Khalifa bin Salman Al Khalifa, tío do actual Rei Hamad bin Isa Al Khalifa, que ocupou o cargo durante medio século, e Salman bin Hamad Al Khalifa, fillo do actual Rei.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search